EvaluA GPS (Avalia e Aprica Guias de Promoción da Saúde) è un proxecto de investigación colaborativo orientado à acción. O Obxectivo do proxecto EvaluA GPS è deseñar unha ferramenta (EVALGUÍA) para poñer en práctica as recomendacións da guía baseada na evidencia sobre como mellorar a participación comunitaria para a saúde e o benestar, e acurtar as desigualdades (Guìa NICE NG44, axustada ó contexto español).
Evalguía co-deseñouse a través dun traballo de investigación aplicada, conciliando a mellor evidencia posible na literatura coa experiencia de implementación e aplicación da ferramenta en 13 proxectos distribuidos
no terreo español. Para saberes máis do proceso de deseño e pilotaxe, véxanse as publicacións e o informe enteiro.
EvaluA GPS foi financiado polo instituto Carlos III, pertencente ò Ministerio de Ciencia e Innovación, e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, como figura na Resolución da Dirección do instituto de saùde Carlos III, O.A, M.P. pola que se outorgan subvencións para Proxectos de Investigación en saúde (modalidade Proxectos de investigación en Saúde) da convocatoria 2019 da Acción Estratéxica en Saúde 2017- 2020, coa participación de tres institutos de investigación: IISA (Aragón), FISABIO (Comunitat Valenciana) e IMIBIC (Andalucía) cos proxectos PI19/01079, PI19/00773 y PI19/01525 respectivamente; así coma o grupo RICAPPS-RD21/0016/005 (Rede de investigación en Cronicidade, Atención Primaria e Prevención e Promoción da Saúde) e levouse a cabo grazas ó traballo en rede de profesionais da saúde de sete comunidades autónomas: Aragón. Andalucía, Cataluña, Comunitat Valenciana, Illes Balears, A Rioxa e Galicia.
O proxecto EvaluA GPS ten a súa orixe nun proxecto anterior, o proxecto AdaptA GPS «Adapta e Aplica Guías de Promoción da Saúde», que consistiu na adaptación ao contexto español da guía NG44 do National Institute for Health and Care Excellence (NICE) do Reino Unido, sobre como mellorar a participación comunitaria segundo a evidencia. AdaptA GPS desenvolveuse entre 2017 e 2018, participando un total de 80 persoas organizadas en 10 nodos de traballo de 10 comunidades autónomas: Andalucía, Aragón, Asturias, Cataluña, Comunidade de Madrid, Comunitat Valenciana, Extremadura, Illes Balears, A Rioxa e Rexión de Murcia.
Froito deste proceso, desde 2018 está dispoñible no Catálogo de GuíaSalud do Ministerio de Sanidade a nova Guía de Práctica Clínica de Participación Comunitaria: “Participación Comunitaria: mellorando a saúde e o benestar e reducindo desigualdades en saúde — Proxecto AdaptA GPS”. Ademais desta guía, desenvolveuse unha versión adaptada para a cidadanía. O proxecto foi impulsado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Generalitat Valenciana, co apoio da Alianza de Saúde Comunitaria, e contou co apoio metodolóxico de GuíaSalud do Ministerio de Sanidade e do Instituto de Ciencias da Saúde de Aragón. Para a versión cidadá colaborouse coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e coa Rede Española de Cidades Saudables (RECS).
En Aragón, o grupo responsable do proceso foi o Grupo Aragonés de Investigación de Atención Primaria (GAIAP) do Instituto de Investigación Sanitaria de Aragón (IIS Aragón), xunto coa Estratexia de Atención Comunitaria no Sistema de Saúde de Aragón —Atención Primaria—.