EVALGUÍA é una ferramenta pensada para analizar e incrementar a participación da comunidade nos proxectos de promoción da saúde, e así contribuir a mellorar a saúde e o benestar das persoas e diminuir as desigualdades en saúde.
[Coa verba «proxecto» referímonos a todos aqueles programas, proxectos, intervencións, procesos, iniciativas ou accións comunitarias e demais levados a cabo para promover a saúde.]
E una ferramenta facilitadora e de axuda, non é un instrumento para sentir que somos examinados. O seu obxectivo é axudarnos, dende a reflexión e o diálogo, a xerar una ollada autocrítica sobre qué estamos a facer en relación coa participación, cómo o estamos a facer, con qué resultados, e cómo podemos mellorar.
EVALGUÍA organízase en dous bloques de cuestións:
CUESTIÓNS XERAIS:
Catro cuestións que nos axudan a dispoñernos para entender quén toma, ou tomou, as decisión principais, sobre qué facer e cómo ó longo do proxecto;
CUESTIÓNS ESPECÍFICAS:
Doce cuestións que nos axudan a afondar sobre certos aspectos en relación a cómo comezou o proxecto, quén integra o noso equipo, cómo traballamos, cómo é a nosa estratexia de comunicación e inserción e con qué apoios contamos. Nesta banda teremos que puntuarnos en cada aspecto, e explicar o porqué de cada puntuación (no apartado “ESCRIBIDE AS VOSAS REFLEXIÓNS SOBRE A PUNTUACIÓN QUE VOS DADES NESTE APARTADO AQUÍ DEBAIXO” de seguido de cada cuestión)
Aconséllase usar EVALGUÍA nunha sesión de grupo, con todas aquelas persoas que toman ou poden tomar decisións en relación co proxecto. Incluirase persoal directivo, profesionais que traballan no dia a dia no proxecto e persoas da comunidade que son parte do mesmo.
A análise podese facer de dous xeitos:
De xeito individual primeiro, para despois compartir os resultados e reflexións a nivel de grupo, cotexando as diferentes respostas e puntuacións que cada persoa puxo en cada apartado, e escollendo unha puntuación final en cada apartado (por consenso ou collendo a media das puntuacións individuais).
Directamente de xeito grupal, asegurando que todas as persoas poidan opinar e comentar.
Logo de ter completado as cuestións de EVALGUÍA, convídasevos a meditar sobre qué trocos queredes ver ou implementar no voso proxecto para mellorar a participación comunitaria. Teredes dispoñibles unas ferramentas para facilitar a priorización dos eidos donde queirades mellorar, e a planificación das accións que queirades implementar
Tamen poderedes ter acceso a exemplos e recursos que vos axudarán a levar a cabo accións de mellora para o voso proxecto, segundo os resultados da vosa propia avaliación.
Aconséllase organizar:
Tras respostar a todas as cuestións que nos fai EVALGUÍA, e meditar sobre qué trocos queremos implementar, a ferramenta provénos de xeito automático os seguintes resultados:
Segundo o que expoñestes no voso plan de acción, podedes voltar a encher EVALGUÍA logo de algúns meses, para ollar se houbo trocos e cómo mellorou a participación comunitaria no voso proxecto.
Unha vez xa feito o rexistro do proxecto nesta web, podedes acceder a máis recursos para organizar e facilitar as sesións para implementar evalguía.
¿Queredes comezar?